Nestas datas fai 100 días de cortesía a os governos municipais. Visto o que levan feito os dous partidos que están no Concello, penso que para esta viaxe non nos facían falla alforxas.
Esta cidade fixo un esforzo grande por trocar un governo munipcipal esgotado e incluso diría que estaban aburridos, como o señorito que pasea pola finca con aire de desgana, xa que a ten moi vista.
Pero chegaron istes e todo o que estaba mal nos outros trocarono en bo para eles. Que che critiquei un salario alto: o meu igual so faltaba. Que había moitas exclusivas entre os concellais; nos non iamos a ser menos. Que no Concello non se empregaba o noso idioma; nos non temos presa en que ocurra o contrario. Que no campo de xogo de O Couto non queríamos vivendas e si zoa verde; pois non, agora queremos vivendas e un trociño de verde con unha fonte no medio.
Os que estaban antes non me enganaban, xa sei por onde van. Pero a traición dos que chegaron non ten límites.
Un caso a parte meréceme o BNG. Están auténticamente borrachos de poder, non saben por van. Dicen e desdicen, fan e desfán, son o que mellor o fago, equivocome paro non pasa nada.
En entre os dous andan a pelexar a ver quen a ten mais grande.
Penso que como non viren o seu rumbo, estan a preparar a volta dos que se acaban de ir.
Os que se acaban de ir enfadanse, non os invitaron a apertura do das bicis de préstamo (por onde van a circular tal como está o tráfico en Ourense). Ben, e certo, non lles falla razón pois a idea foi deles. O que si lles falla e a memoria, elles moi selectiva, cando se inauguraron as atoestradas non chamaron a ninguen de PSOE, que foron os que as puxeron en marcha e construiron boa parte delas (acórdanse do Sr. Touriño, sóame que e algo na Xunta), o PP so as rematou.
O peor e que lle están a dar argumentos para ter a razón. Sr. Quintana que tal os bailes, antes eran compra de votos, agora que e "democracia popular".
Sr. Quintana sobranlle tantos cartos que edita un libriño de como ligar entre os 15 e os 30. Pátetico.
lunes, 24 de septiembre de 2007
domingo, 23 de septiembre de 2007
Hablemos todos
Esta e a minha primeira experienza neste tipo de intercambio. Gustaríame ter opinións e discutilas sobre a nosa provincia e sobre todo a capital, o meo entorno de desenvolvemento. Non quero que se limite soamente a esta cidade, non me gustaría que quedase soamente nesto. Poderíamos comentar todo tipo de actualidades sen limitación provincial. Si queredes podemos empezar falando das últimas oposicións do ensino, ¿foron xustas ou non? Espero participación.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)